Outro romance d@ prisioneir@

from by Muros de Pedra

/
  • Streaming + Download

     

about

OS CÁRCERES COMO INSTRUMENTO DO ESTADO.
Actualmente nos 97 cárceres do estado español encóntranse privadas de liberdade 65.034 persoas ás que ademais se lles esta privando de moitos outros dereitos que non viñan explicitamente incluídos na pena pero que, para sorpresa de moitos, é unha realidade que vai implícita no cumprimento da condena.
Aínda que o estado español, xunto ao resto de países occidentais, pretendan vendernos unha imaxe idílica das prisións, a realidade que viven cada unha das persoas que se encontran encarceradas, e outros tantos menores como pasa no caso das unidades de nais, é moito máis cruel e mesmo inhumana do que poderiamos pensar que sucede nos cárceres dos chamados países subdesenvolvidos. A idea que prevalece, e que os medios de información despachan alegremente cando o poder o ordena, é a idea dun tratamento orientado cara á reeducación, a mellora das habilidades sociais e o crecemento persoal das persoas presas, todo iso, nun ambiente educativo, terapéutico e asistencial co obxectivo de devolver ás devanditas persoas ás sociedade reconvertidas en cidadáns cívicos e aptos para o bo funcionamento da convivencia.
Pero a realidade é ben diferente, xa que as prisións non son mais que o caixón desastre onde poder esconder os despoxos do seu sistema capitalista e que, para maior escarnio, pretende sacar un beneficio económico brutal das desgracias dos que se encontran encerrados nelas. Só hai que ver a inmensa cantidade de empresas privadas que participan deste circo dos horrores.
É, con este fin económico, que un elevado número destas persoas presas, case un 60%, están condenadas por delitos contra o patrimonio e a saúde pública, é dicir, delitos relacionados directamente coa pobreza. Non se ten en conta a gravidade real do delito nin o perigo que este pode supoñelo á sociedade, simplemente se castiga severamente os que ousan perturbar o seu status de clase, ben sexa motivadas pola necesidade que se lles impuxo ou por simple ideoloxía liberadora. Mentres que as súas políticas moi lonxe de propoñer cambios sociais que supoñan un fin a este problema, se limitan a crear e endurecer as leis para aumentar a materia prima de tan sofisticada
empresa, iso si, só as leis que lles permiten manter os seus privilexios e non as que lles supoñerían un risco no seu afán soberbio de enriquecemento.
E por se fose pouco, e para que o tempo ou o dereito a que prevaleza a inocencia non supoñan un obstáculo, axilízannos trámites con xuízos rápidos que apresuran a entrada en prisión das persoas condenadas por delitos menores, aínda que supoña dar un paso máis na indefensión dos que non teñen a opción de pagarse unha boa defensa.
DOSSIER DENUNCIAS NO CÁRCERE DA A LAMA ,PONTEVRDRA.(GALIZA 2015).

lyrics

Quixera poder beijar-te,/sentir a tua pele,/abrigar-me com o teu agarimo./Romper o formigom./Derrubar os muros das prisons./Derrubar os muros das prisons./Asfixia-se a liberdade,/onde se restam os días,/a este lado do muro,/respira-se soidade./Derrubar os muros das prisons./Derrubar os muros das prisons./Ceivar todas as presas./Ceivar todos os presos./Ceivar todas as presas./Ceivar todos os presos./Derrubar os muros das prisons.

credits

from Aturuxos de xenreira, released January 7, 2017

tags

license

about

Muros de pedra Cambre, Spain

Muros de pedra é um coletivo anti-musical F.T.M (Faz ti mesmo), que com seu murmulho arrastado polo vento maneiro suma-se aos milheiros de vocês proclamadas em rebeldia causantes do ensurdecedor aturuxo de xenreira.
Retumba o seu forte eco em lares tam remotos como Sigras e o vale de Loureda.
... more

contact / help

Contact Muros de pedra

Streaming and
Download help